Solidariedade

Como tódolos anos o Equipo de Solidariedade-SED do centro organiza a xa tradicional “Recollida de alimentos” en colaboración con Cáritas e SOS Tomiño, a Luz do Sur e o prevoluntariado co alumnado de 3º e 4º ESO. Todas estas actividades están plantexadas co obxectivo de sensibilizar e empatizar coas situacións e realidades menos favorecidas que nos rodean, aportando o noso gran de area na procura dun mundo mellor para todos/as.

A recollida de alimentos non perecederos de primeira necesidade será do día 28 de novembro ata o día 2 de decembro pola mañá.

A vela Luz do Sur, xa tamén típica nestas datas no noso centro, poderá pedirse ó titor/a dos vosos/as fillos/as do día 5 ao 16 de decembro. Estas velas son para encender na Noite boa e recordar á xente do sur; se queredes aportar un donativo por ela será ben recibido.

O prevoluntariado iniciado xa fai un tempo no noso centro, comezou a súa andadura outro curso máis realizando unha serie de titorías motivadoras e de sensibilización cara o voluntariado no 3º curso de ESO.

Un saúdo dende o Equipo de Solidariedade-SED.

Categoría: