SEMANA SOLIDARIA

Como vimos facendo outros anos, teremos do 16 ao 20 de abril do 2018 a Semana Solidaria dedicada ao lema deste ano da ONGD SED: “A verdadeira felicidade non custa cartos” e o día 19 de maio a VIII Andaina da Solidariedade.

- Camisetas SED

- Titoría: “A verdadeira felicidade non custa cartos”

-Recreos Solidarios: Luns 16: postres caseiros, Martes 17: iogures, Mércores 18: bocatas, Xoves 19: froita, Venres 20: chuches (prezos 0,50-1,50)
Como cada ano requirimos a colaboración voluntaria das familias do alumnado de Primaria para a elaboración cos vosos fillos/as dos doces caseiros que a poder ser mandedes troceados.

-Recuncho solidario: O martes e o xoves as 17:05 da Semana Solidaria colocaremos un posto de venda no pabillón coas vosas manualidades doadas. Animámosvos a participar e entregalas como último día o 12 de abril.

Os cartos recaudados con todas as actividades enviaranse á ONGD Marista SED para proxectos sociais realizados tanto no noso país coma fóra del. Para máis información dos proxectos de SED www.maristastui.es ou na páxina de SED www.sed-ongd.org.
 

Categoría: