Semana da ciencia e a tecnoloxía

No CPR Sta. María Maristas de Tui un curso máis preparámonos para celebrar a nosa Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.
Dende o 13 ao 17 de novembro, pódense atopar numerosas exposicións que, por distintos recunchos, encherán o noso centro de Ciencia.


Haberá exposicións moi variadas: “The five senses” de 1º E.P, maquetas dos Aparatos do Corpo de 2º E.P, O Sistema Solar de 3º, os alumnos de 4º fixeron uns “displays” sobre os Climas do Mundo, os de 5º “flipbooks” sobre O Planeta Terra no Universo e os de 6º “lapbooks” sobre os Seres Vivos.

Os compañeiros de Secundaria esporán no recibidor o seu proxecto Viaxamos ao Espazo e as maquetas sobre As Capas da Terra, os de 2º darán Charlas sobre a Reciclaxe aos pequenos, ademáis de ser os encargados do recuncho “Recicla”, no que a través dun concurso animarán aos compañeriros a reciclar. Os alumnos e alumnas de 3ºESO exporán as maquetas sobre As Células e os traballos de opinión feitos sobre Os Plásticos e os de 4º da ESO, expoñen os seus traballo de opinión sobre “As redes que enredan” e serán os que leven a cabo Os Experimentos.

En definitiva, unha semana chea de actividad e de actividades.

Se poderán vistar as distintas exposicións toda la semana, de 17.00-18.00h
 

Categoría: