SAFARI EN INFANTIL!!!

Hoxe no noso colexio para finalizar a unidade didáctica que nos transportou con Moli ata Kenia fixemos un SAFARI no noso bosque.
Había cebra, xirafas, leóns, flamencos, elefantes, gorilas, guepardos, arañas, coello, ra, araña,… os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil non daban crédito ao que estaban a ver.
Como exploradores ataviados con chalecos de camuflaxe e prismáticos de longa distancia percorreron a Sabana Marista descobrendo aos diferentes animais.
Cando rematamos o safari os animais amigablemente achegáronse aos rapaces e estes quedaron alucinados cando descubriron que tras os disfraces estaban as súas familias.
Só teño palabras de agradecemento para todos os que nos regalastes un ratiño do voso tempo para facer felices aos nosos nenos e nenas. Sodes os mellores.
GRAZAS FAMILIAS!!!

Categoría: