Saída no tren turístico por Tui

No martes día 8 de maio as clases de Educación Infantil do noso colexio fixeron un percorrido turístico por Tui en “tren”. Aproveitamos para ver diferentes medios de transporte e sinais de tráfico que estamos a traballar dende o colexio.

Chegamos ata a Ponte Internacional, a cal fomos por un pequeno sendeiro dende o centro interfederado recordando ao seu arquitecto e as motivacións da súa construción.

Despois dunha pequena merenda voltamos ao noso fermoso colexio aproveitando este inolvidable momento de convivencia cos compañeiros dos tres cursos de infantil e as súas mestras.

¡¡¡ Como disfrutamos !!!
 

Categoría: