Saída de Infantil ó Cabo Fradera

O luns 21 de Maio os nenos e as nenas de Educación Infantil do noso centro realizamos unha travesía no Cabo Fradera. Dende a comandancia do Miño facilitóusenos a visita e a viaxe da que desfrutamos en compaña dalgunhas das nosas familias.

O que pretendíamos era coñecer o patrulleiro cabo Fradera, navegar por un tramo internacional do río Miño, aproveitar para coñecer a nosa contorna, ter unha experiencia coa navegación e por suposto, que non faltase o bautismo fluvial que o mariñeiro Javier fai dende fai 15 anos.

Tamén nos acompañaron os comandantes Don Ignacio e Don Roberto que nos trataron con moito cariño e coidado. Déronnos a oportunidade de facer de vixías e de “pilotar” o Cabo Fradera que é despois de Elcano o barco mais antigo da flota da Armada española levando en servizo 55 anos.

Foi unha experiencia estupenda que as nenas e os nenos do noso colexio desfrutaron moitísimo.

¡¡ QUEREMOS REPETILA!!!
 

Categoría: