A revolución industrial

Neste trimestre estivemos a traballar dende o eixe motivacional da Revolución Industrial. Para rematar a unidade didáctica un equipo de 4º ESO que estiveran a traballar tamén este tema viñeron a explicarnos algo mais.

Aínda que estiveron nerviosos e faladeiros os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil recordaron moitas cousas das traballadas e aprenderon novas grazas aos nosos compañeiros “os maiores”.

Unha das fortalezas do noso centro é a relación que poden establecer os alumnos e alumnas de diferentes idades. Neste tipo de actividades saen beneficiados todos.

Queremos agradecerlles aos compañeiros de 4º ESO o seu esforzo, a súa ilusión, o seu entusiasmo e por suposto o seu tempo de adicación a nós.

¡¡¡6º Educación infantil dávos as grazas!!!
 

Categoría: