Programa de froita fresca da Xunta de Galicia

Esta semana comeza o programa da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural, de achegar gratuitamente aos nosos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria froita fresca.
Cada día ao longo das vindeiras dúas semanas degustarán diferentes tipos de froita coma: fresas, plátanos, kiwis, peras,... Farase o reparto antes da hora do patio para que as poidan tomar coma merenda.
Nos cursos de infantil aproveitaremos para traballar as cores, as texturas, contabilizar, os tamaños, os nomes das árbores froiteiras,... e unha chea de cousas mais
 

Categoría: