Obradoiro micolóxico

O pasado venres 2 de Febreiro, na aula de 6º de Educación Infantil, asistimos a un obradoiro de micoloxía impartido por un mestre moi especial. Luís Rodríguez, pai dunhas alumnas do noso centro viu a darnos a coñecer un chisco a súa afición pola micoloxía e a reciclaxe.

Coa borra do café e sementes de fungos, mostrounos novos cheiros, texturas e xeitos de aproveitar os recursos que nos rodean. Os nosos alumnos e alumnas descubriron os grans de café, a súa textura e cheiro. Tamén os fungos, grazas a que Luís trouxo un plantío da súa casa para que puideramos ver o que con coidado acadaríamos.

Dunha maneira lúdica Luís explicounos o proceso polo que os fungos aproveitan a borra do café para alimentarse e crecer. Deixounos todas as ferramentas e instrucións precisas para que na clase de 6º de Educación Infantil dentro dun mes, mais ou menos, poidamos degustar os fungos que nos comprometemos a coidar con moita ilusión.

É estupendo poder contar con familias tan xenerosas.

¡¡GRAZAS!!
 

Categoría: