O colexio Marista no Tuile

O venres 11 de Maio celebrouse na Praza de San Fernando o IX Tuile. Este ano participaron do noso centro 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Como só tiñamos 5 minutos para as nosas actuacións só participaron 6º de E.I. e 2º de E.P.

Os maiores de infantil leron unha adaptación do conto "O Cataventos" da homenaxeada nas Letras Galegas 2018, Mª Victoria Moreno. Os alumnos e alumnas de 2º recitaron un poema do libro da mesma autora "Eu conto, Ti cantas". Os dous fixérono moi ben e puidemos disfrutar dunha xornada estupenda a pesares de que o tempo non nos acompañou.

Notouse o esforzo e o entusiasmo que puxeron os nosos nenos e nenas en preparar estas actuacións e o resultado, como non, foi acorde a dito esforzo. As mestras estamos moi orgullosas deles e sabemos do tempo que lle adicaron e das ganas que lle puxeron.

Moitas grazas ás nais que nos acompañaron no percorrido dende o colexio e as familias que se achegaron a apoiarnos ata a praza.

¡¡¡ Noraboa rapaces !!!

Categoría: