
Chegado o bo tempo é hora de preparar a horta en Infantil.
O pasado xoves os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do noso colexio saíron ao mercado a mercar as plantas necesarias para a súa horta. Para elo previamente na clase escribiron unha lista do que querían mercar.
Tiveron moita sorte e atoparon de todo na praza de abastos de Tui, sobre todo uns vendedores moi atentos e agarimosos con eles e que tiveron a paciencia de atendernos e que nos agasallaron con numerosas prantas.
Pola tarde toda infantil implicouse no plantío da horta e un a un todos foron participando nesta laboura tan interesante e motivadora.
Agora só nos queda coidala entre todos.
¡¡ Gracias a todos !!
Categoría: