Normas de convivencia

 

Non debemos chegar tarde á clase porque perdo a motivación da xornada. Se non chego a tempo deben acompañarme á portería.

Se temos que marchar durante o horario de clase debedes ir á portería que xa nos veñen a buscar á clase.

Se non podemos asistir a clase debedes comunicarllo ó colexio, ben por teléfono ou cunha nota á titora. Cando volvemos debemos traer un xustificante explicando a nosa ausencia.

Se no pavillón hai educación física ou actividades extraescolares non podemos estar nel xa que molestaríamos ós compañeiros.

En todo o recinto colexial está prohibido fumar para coidar da nosa saúde.

Pola nosa seguridade non se pode entrar no colexio co coche, motos ou bicicletas, hai que coidar as entradas ó centro para non bloquearnos o paso.

Gústanos que nos digades o bo que é estudiar, animádenos a facelo.

Non nos fai falla traer xoguetes ó colexio, aquí xa temos moitos que compartimos tódolos compañeiros.

Para celebrar os nosos cumpreanos bástannos os nosos amigos e uns caramelos brandos.

Tedes que esperar a que soe a música para entrar ao corredor a recollerme.

As veces non recoñezo a miña roupa por iso é importante que teña o meu nome e unha cinta para colgala do percheiro.

Se tedes algunha dúbida, preocupación polo que acontece na escola falade ca mestra. É importante unha boa comunicación con ela.

Se ten que vir a recollerme unha persoa distinta da habitual, por favor, avisade á mestra.

Teño que ir ó colexio vestido comodamente, con roupa que non limite os meus movementos e así poida ir o servicio sen axuda, iso darame autonomía e seguridade en min mesmo.

As actividades extracurricu-lares serán fora do horario lectivo para así non entorpecer a miña aprendizaxe no colexio cos meus compañeiros/-as.

 

O EQUIPO EDUCATIVO DE INFANTIL
 

 

Entendemos a disciplina coma unha consecuencia lóxica da liberdade, no dobre sentido de dereito e deber; é por iso que para facilitar a convivencia é RESPONSABILIDADE DOS/AS PAIS/NAIS:

1. PUNTUALIDADE. Que os alumnos/as cumpran con puntualidade o horario escolar. Non deben entrar no edificio do colexio antes da hora. Deben esperar no pavillón, e se chegan tarde entrar pola recepción-portería. As faltas de puntualidade diarias inxustificadas suporán permanecer 10 minutos na aula ao final da xornada escolar matinal.

2. SAIDAS DO CENTRO. Para ausentarse do colexio durante as clases requírese a solicitude persoal dos pais. Nela deben indicar a hora na que pasarán a recoller os seus fillos/as e agardar por eles en recepción-portería.

3. XUSTIFICACIÓN AUSENCIAS. Cando un/unha alumno/a non poida asistir a clase os pais ou responsables farano saber ó colexio por teléfono ou por escrito antes do comezo das clases e despois entregar o correspondente xustificante ós titores (toda ausencia débese xustificar por escrito aínda que se fixese de palabra anteriormente).

4. ENTRADA DE VEHÍCULOS NO RECINTO ESCOLAR. Non está permitida a entrada de automóbiles, motos e bicicletas en todo o recinto do colexio nos días lectivos, salvo persoal autorizado (o rematar as actividades extraescolares, os días de choiva tamén!!). Lembren que tampouco se permite a entrada de cans. Non se pode obstaculizar a entrada ó centro aparcando os coches mesmo a carón do portón principal.
5. USO DO PAVILLÓN. Non deben entrar no pavillón cando o alumnado está en clase de educación física e nas actividades extraescolares.

6. Tódolos avisos deberán pasar por recepción-portería, quen fará chegar a comunicación a quen corresponda. Non se acude ás clases.

7. Que os alumnos/as veñan co chándal do colexio só os días de educación física e nas saídas culturais.

8. Por lei dentro do horario lectivo e no edificio escolar non se permite o uso de teléfonos móbiles nin aparellos electrónicos persoais (MP3, cascos, PDA...). O colexio non se fai responsable do seu posible extravío. En caso de non cumprir esta norma o teléfono móbil ou aparello ou dispositivo electrónico utilizado será retirado, e será a familia a que terá que solicitar a súa devolución a Xefa de Estudios de primaria.

9. Está prohibido, por lei, fumar no recinto do colexio.

10. Revisar habitualmente a axenda escolar ou consultar a plataforma dixital do centro para estar informado das tarefas e avisos que envían os mestres. Firmar as notas que chegan a través da axenda para que os mestres saiban que foron lidas.

 

EQUIPO EDUCATIVO DE PRIMARIA
 

 

Entendemos a disciplina coma unha consecuencia lóxica da liberdade, no dobre sentido de dereito e deber; é por iso que para facilita-la convivencia E RESPONSABILIDADE DOS/AS PAIS/NAIS:

1. PUNTUALIDADE. Que os alumnos/as cumpran con puntualidade o horario escolar. Se chegan tarde deben entrar nas clases e se o retraso e reiterado serán sancionados. As faltas de puntualidade diarias inxustificadas suporán permanecer 10 minutos na aula ao final da xornada escolar matinal.

2. ASISTENCIA AOS EXAMES. É obriga dos pais que acudan a clase cando teñan controis ou exames escritos salvo causas maiores moi xustificadas. Os alumnos que asistan só ás horas do exame faltando ás clases previas non serán avaliados nese intre, salvo que traian nese momento un xustificante do médico ou resgado da cita médica. Se non se xustifica será o mestre o que determine a data en que terá que realizalo.

3. SAÍDAS DO CENTRO. Para ausentarse do colexio durante as clases requírese a solicitude persoal dos pais. Nela deben indica-la hora na que pasarán a recolle-los seus fillos/as e agardar por eles en recepción-portería, non se permitirá que os alumnos saían solos do centro.

4. XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIAS. Cando un/unha alumno/a non poida asistir a clase os pais ou responsables farano saber o colexio por teléfono ou por escrito antes do comezo das clases e despois entrega-lo correspondente xustificante ós titores ( toda ausencia débese xustificar por escrito aínda que se fixese de palabra anteriormente).

5. AVISOS. Non entrar nas clases, corredores e patio, tódolos avisos deberán pasar por recepción-portería, quen fará chegar a comunicación a quen corresponda.

6. USO DO PAVILLÓN. Non deben entrar no pavillón cando estamos en clase de educación física e nas actividades extraescolares.

7. Que os alumnos/as veñan co chándal do colexio só os días de educación física.

8. Por lei dentro do horario lectivo e no edificio escolar non se permite o uso de teléfonos móbiles nin aparellos electrónicos persoais (MP3, cascos, PDA...). O colexio non se fai responsable do seu posible extravío. En caso de non cumprir esta norma o teléfono móbil ou aparello ou dispositivo electrónico utilizado será retirado, e será a familia a que terá que solicitar a súa devolución a Xefa de Estudios de primaria.

9. Revisar habitualmente a axenda escolar ou consultar a plataforma dixital do centro para estar informado das tarefas e avisos que envían os mestres. Firmar as notas que chegan a través da axenda para que os mestres saiban que foron lidas.

10. Está prohibido, por lei, fumar no recinto do colexio.

 

EQUIPO EDUCATIVO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA