EXPO-CONCURSO DE CABAZAS DE HALLOWEEN

Este ano celebramos o día de Halloween dun xeito diferente. O recibidor do colexio encheuse de cabazas terroríficas, divertidas, convertidas en pantasmas, meigas ou monstros, convertindo así o colexio nunha verdadeira obra de arte.
Este xoves 8 de novembro entregamos os premios ás tres mellores e repartimos pequenos agasallos para todos/as os/as participantes. Os gañadores foron:
1º premio: Nicolás García Bautista. 5º E.I.
2º Premio: Aldara Fernández Viñas. 2º E.P.
3º Premio: Leire Rodríguez Silva. 2º E.P.
Agradecémosvos a todos/as a vosa participación e animámosvos a seguir participando en vindeiros concursos, sodes uns artistas!
 

Categoría: