EXCURSIÓN ILLA DE SAN SIMÓN

O venres 1 de xuño os nenos e nenas de 1º e 2º de EP do noso centro puxemos rumbo á ponte de Rande, e dende alí ata a Illa de San Simón, navegando pola ría de Vigo nun catamarán.
O que pretendíamos era achegarnos a un espazo natural da nosa contorna, as Illas de San Simón e San Antón, nome dos dous únicos animais que hai nas illas (o pato Simón e o pato Antón). Alí coñecemos a historia de ambas illas, da batalla de Rande e tamén que foi visitada por Julio Verne co seu submarino.


Na illa de San Antón fixemos unha búsqueda do tesouro xunto cuns nenos doutro colexio que tamén estaban de excursión. Seguindo as pistas conseguimos atopalo e todos tivemos unha deliciosa recompensa, MOEDAS DE CHOCOLATE!!
Mentres esperábamos o barco de volta xogamos coa profe Rosana. A merenda fixémola na cuberta do barco de regreso a terra, onde nos esperaba a guía do museo Meirande para explicarnos que sucedeu na batalla de Rande.
Foi una mañá estupenda que os nenos e nenas do noso cole desfrutaron moitísimo
 

Categoría: