Excursión de infantil á granxa "Corazón de Carballo"

O pasado luns os/as alumnos/as de Ed. Infantil fomos de excursión a granxa-escola “Corazón de Carballo” sita en Tomiño. Nesta excursión os nenos/as tiveron a ocasión de participar e experimentar das diferentes actividades relacionadas co medio rural como a recolecta de ovos, alimentar a diferentes animais domésticos como coellos, cabras e galiñas, plantar unha árbore e todo acompañados duns magníficos monitores. Ademáis tivemos a gran sorte de poder aprender cousiñas relacionadas co lobo ibérico a través dunha exposición cedida temporalmente por un colaborardor de Félix Rodríguez de la Fuente a esta granxa.

Foi unha excursión onde non faltaron as risas e os xogos. Pasámolo xenial e quedamos con moitas gañas de repetir.

Categoría: