Equipo de solidariedade - SED

Estimadas familias, como xa sabedes durante o segundo trimestre do curso levaranse a cabo diferentes actividades de solidariedade (das cales vos iremos informando) promovidas dende o Equipo de Solidariedade-SED e englobadas na xa tradicional Semana solidaria que este ano se realizará durante a semana do 1 ao 5 de abril de 2019.

Nesta semana dende as aulas traballaremos unha serie de titorías relacionadas co lema solidario deste ano da ONGD SED “Únete para cambialo”; onde tentamos sensibilizar e promover estilos de vida non consumistas xa que é unha das ferramentas más importantes para poder alcanzar un desenrolo de vida plena e feliz.

Neste intre, convidámosvos a que botedes un ollo ao modelo da CAMISETA SED deste ano e que vos animedes a participar na súa compra, esta camiseta xa forma parte da nosa identidade. O pedido farase ao titor/a de cada curso a través dos vosos/as fillos/as ou directamente coa mestra en Educación Infantil.

Tedes de prazo para facer o voso pedido ata o luns  11 de marzo.

Sabedes que todos os beneficios son destinados integramente á ONGD SED que os distribuirá da mellor maneira entre os diferentes proxectos que realiza en distintos países de Latinoamérica e África.

Se queredes ter máis información sobre a ONGD SED e os proxectos solidarios cos que colaboramos convidámosvos a asistir ao café solidario que terá lugar o xoves 4 de abril no salón de actos as 15:30h coa asistencia dun membro do Equipo de Solidariedade Provincial.

Gracias pola vosa colaboración, entre todos podemos facer un mundo mellor.
 

Categoría: