Charla impartida por Lancy Dodem

Dentro das actividades programadas para este curso escolar o vindeiro mércores día 23 de maio teremos unha charla no salón de actos do colexio as 12,50 horas dirixida ó alumnado de 3º e 4º de ESO, e aberta tamén a aquelas familias interesadas de calquera etapa educativa.

A charla será impartida por Lancy Dodem da Fundación Viente Ferrer que compartirá connosco o traballo levado a cabo na India desde hai moitos anos pola súa fundación.

Esta actividade enmarcase dentro das actividades de titoria dos dous cursos da ESO e están vencelladas á Educación para a paz e a non violencia e a Educación pola solidariedade e a igualdade. O obxectivo e sensibilizar o noso alumnado sobre outras realidades sociais e coñecer un xeito de erradicar esas diferencias existentes.

Lancy Dodem ten 40 anos e é do distrito de Anantapur, no sur da India. As súas irmáns Martha e Theresa naceron no primeiro hospital que a Fundación contruiu en Anantapur.
Os país de Lancy atoparon traballo no campus central da Fundación Vicente Ferrer. Á morte do pai, Vicente Ferrer acolleu a Lancy e mailas súas irmáns baixo a súa protección, por este motivo díse que Lancy é o primeiro neno apadrinado pola Fundacion.

Desde 2001 vive en Barcelona e forma parte do departamento de Comunicación coma técnico de sensibilización e realiza o seu traballo a través de charlas, conferencias, recollida de premios etc.

En 2013 publicou o seu primeiro libro” Mi viaje al Norte” donde narra as anécdotas da súa viaxe (vida) desde Anantapur nos primeiros anos da súa vida ata Barcelona donde reside e traballa na actualidade e formou o seu novo fogar.

Nesta semana estará por diferentes cidades de Galicia como embaixador da Fundación Vicente Ferrer para presentar os diferentes proxectos que levan a cabo na actualidade e sensibilizarnos da importancia da nosa colaboración.
 

Categoría: