Celebración do día do libro

Hoxe 23 de abril de 2018 no noso centro celébrase o día do libro. Este ano adicámosllo a Gloria Fuertes no 20 aniversario do seu pasamento.

Durante a semana pasada os nenos e nenas do noso centro foron traendo fotografías deles lendo nos seus recunchos favoritos e con elas fixemos un pequeno recanto lector. Tamén foron traendo pequenas xoias de Gloria Fuertes para redescubrila aqueles que xa a coñecíamos e para descubrirlla as novas xeracións.

Hoxe adicouse en cada clase, dende infantil ata secundaria, o amencer co que cada día comezamos as clases a recordar cun conto, adiviña, vídeo,… a grande poetisa dos nenos GLORIA FUERTES.

¡¡FELIZ DÍA DO LIBRO!!
 

Categoría: