Celebración das Letras Galegas 2018

Mañá 16 de Maio o noso colexio celebrará o día das Letras Galegas. Este ano está adicado á escritora extremeña de nacemento pero con corazón galego, Mª Victoria Moreno.

Este ano tivemos a sorte de que duas compañeiras de 6º de EP fixeron unha fermosa caricatura da autora. Estas artistas foron Lucía Pazo Ramos e Claudia Gutiérrez Pérez. ¡¡MOITAS GRAZAS!!

Dende todas as clases estanse a levar a cabo diferentes actividades sobre a autora para coñecela un chisco mellor a ela e a súa obra.

En Infantil os nenos e nenas de 4º de EI cantarán a canción “Fun ao mercado”, os de 5º EI contarán un conto en forma de poema do libro “Eu conto, ti cantas” titulado, “Un cachiño de bica” e os de 6º de EI lerán o conto “O cataventos”.

En Primaria os alumnos e alumnas de 1º EP contarannos o conto da autora “A festa no faiado”, os de 2º EP unha poesía da autora a dúas voces, os de 3º EP e 4º EP unha poesía da autora recitada “alternada” da obra “Eu canto ti cantas” e por último os de 5º e 6ºEP tocarán a frauta e cantarán o himno galego .

Na ESO, os alumnos e alumnas de 1º ESO escribirán e ilustrarán un conto infantil, os de 2º ESO farán unha entrevista ficticia a Mª Victoria Moreno e os de 3º ESO unha liña do tempo sobre a autora.

Como todo acto que se precie é necesario alguén que o presente e diso vanse a encargar os alumnos e alumnas de 4º ESO.

Realizarase unha pequena celebración no pavillón do centro a partires das 11:00 da mañá, ao que estades todos convidados a asistir.

¡¡¡ Feliz día das Letras Galegas !!!
 

Categoría: