BASES CONCURSO ANDAINA

I Concurso de fotografía “Andaina”

• Poderá participar o alumnado que realice a andaina.
• Cada participante só poderá presentar unha fotografía.
• As fotos deben facerse en modo dixital durante o tempo da andaina.
• O tema é libre pero non se poderá recoñecer a ningunha persoa.
• As fotografías presentadas pasarán a formar parte do arquivo do colexio e poderán ser utilizadas por este.
• De todas as fotografías seleccionarase unha que será a única gañadora. Esta exporase na web do colexio.
• O premio será a impresión da foto no imán conmemorativo e un agasallo, que se entregará na celebración de Nadal.
• Participar supón aceptar estas bases e a decisión do xurado, que estará formado polo Equipo de solidariedade.

Organiza Equipo de solidariedade
 

Categoría: