Aula matinal

O Centro Educativo oferta o servizo de aula matinal co obxectivo de adecuar o horario escolar ao horario laboral das familias que o necesiten para dar resposta as necesidades daqueles pais e nais que por motivos persoais o laborais non poden deixar aos seus fillos á hora de comezo do horario escolar de Infantil e Primaria (9.30 am).

 

Organización y funcionamiento

DURACIÓN : Comezará o día do inicio de curso, co mesmo calendario : dende o 11 de setembro de 2017 ata o 21 de xuño de 2018.

HORARIO : O servizo funciona en horario de 08:30 a 09:30 da mañá permitindo entradas flexibles ao longo dese período.

RESPONSABLE : A persoa responsable deste servizo é Dª Rosana Silva, Diplomada en Magisterio.

FORMA DE PAGO : A alta neste servizo ten carácter mensual sendo o importe de 30,50 € mes. As familias abonarán o servizo a través de domiciliación bancaria na primeira semana do mes. Tamén pódese solicitar días puntuais sendo entón o seu importe de 2,50 € día .
O uso do servicio en días soltos solicitarase ao comezo da mañá en Portería,a monitora encargadara informará á administradora que a final de mes pasará aviso para facer o pago

ACTIVIDADES : Ademais de conciliar a vida laboral e familiar, como centro educativo pretendemos, á vez que o coidado dos nenos que asistan, un dobre obxectivo lúdico e educativo: que o pasen ben e que desenvolvan determinadas destrezas a través de actividades (manualidades, bailes, cancións, xogos e dinámicas de grupo...)