"ASÍ É ONDE VIVO EU..." 2ºEP

En 2º EP comenzamos o trimestre co proxecto "Así é onde vivo eu..." de Ciencias Sociais. Esta semana recibimos dúas visitas: a do irmán Xosé, que nos falou da historia de Tui, e a de Chus, que nos explicou que é o concello, quen traballa nel e que funcións teñen. Grazas aos dous por ampliar a información deste tema.

Categoría: