Apadriñamento lector

Chegado o bo tempo seguimos a ler cos nosos padriños, pero temos a sorte de que podemos facelo desfrutando do noso fermoso entorno colexial. O pasado xoves os nosos padriños sorprendéronnos víndonos a buscar. Leváronnos ao patio da ESO a desfrutar da sombra e dos contos, xa que o día estaba moi caluroso.

Sentados nas mesas de pedra desconectamos dos traballos e centrámonos en desfrutar dos libros e da compaña dos nosos padriños e madriñas. Momentos de compartir que quedarán nas nosas memorias.

¿Quen dixo que o colexio non é divertido?, o noso dende logo tenta facerlle amenas as actividades a todos.

¡¡¡ A disfrutar da lectura !!!
 

Categoría: