Animación á lectura

Este trimestre na asignatura de Animación á Lectura, en 4ºEP, comenzamos a traballar cunha innovadora plataforma dixital chamada TATUM. Trátase de fomentar a lectura comprensiva dos nosos alumnos utilizando as ferramentas que máis lles gustan a eles como o ordenador, tablet. móvil... Os alumnos teñen misión de investigar e resolver misterios coma se fosen uns verdadeiros detectives.

A actividade consiste en ir resolvendo varias pesquisas que previamente publica o mestre na plataforma, sendo necesaria a lectura on-line dun libro (ou parte del)para poder resolvelas, de xeito que conforme avanzan a lectura e resolven as tarefas van conseguindo unha puntuación para ó final do libro ter un ránking dos mellores detectives da clase.

Categoría: